viernes, 4 de junio de 2010

Rally complicado para os Burgo


A pesar dos problemas durante toda a carreira, os Burgo lograron finalizar cuartos na clasificación xeral e ser segundos na Copa de España de Grupo N.

Non foi unha proba sinxela á que se enfrontaron este sábado os irmáns Burgo no Rally Rías Baixas Vodafone. Os constantes cambios de climatoloxía fixeron moi complicada a elección dos compostos cos que saír a competir. Unha mala selección por parte de Pedro e Marcos fixo que en toda a carreira non acabasen de encontrarse cómodos no seu Mitsubishi EVO X e lles impedise loitar polo segundo posto na clasificación xeral. A pesar de todo, os de Lugo lograron rematar nun meritorio cuarto posto da xeral e ser segundos na Copa de España de Grupo N.

Non acertamos á hora de escoller os pneumáticos e isto supuxo un importante hándicap para nós. Iso fixo que non estivésemos cómodos en ningún momento e sobre todo que non arriscásemos ao máximo por medo a unha saída de estrada que podería custarnos moi caro. Ímonos con certo sentimento agridoce porque tivemos a oportunidade de quedar no podio e mesmo de loitar polo segundo posto. Agora en Ourense esperamos ter ese plus de fortuna que nos faltou ata agora e lograr un mellor resultado. Así se expresaba ao final da proba Pedro Burgo.

Tras a proba disputada en Vigo, o Campionato de España seguirá co seu periplo por terras galegas. A seguinte parada será en Ourense, os días 19 e 20 de xuño. E alí estarán os irmáns Burgo e o seu Mitsubishi EVO X dispostos a dar moito de que falar.

Sensacional segunda posición de Alberto Meira e Álvaro Bañobre no Rías Baixas


Un soño feito realidade

Cando hai uns cantos anos Alberto Meira colaboraba na montaxe do Rías Baixas, entre os seus sonos de afeccionado aos rallys estaba o de poder competir algún día na proba 'de casa'. Pero probablemente nin sequera no máis optimista deses sonos figuraba a posibilidade de subir un día ao podio, competindo de ti a ti coa elite do Nacional de rallys. E xusto isto último é o que conseguían o sábado 29 de maio o piloto vigués e o seu copiloto Álvaro Bañobre, segundos clasificados na 46ª edición do Rías, tras un rally fantástico co seu Mitsubishi Evo X.

Nunha xornada que empezou coa chuvia como factor adicional, Alberto liderou mesmo o rally tras marcar o mellor crono na primeira especial, As Neves, un tramo que lle gusta especialmente e no que se impuxo aproveitando ao máximo as difíciles condicións do asfalto.

Tras este espectacular arranque, Meira situouse na segunda posición da xeral, por detrás do inalcanzable Skoda S2000 de Alberto Hevia, pero mantendo raia ao resto de punteiros da cuarta proba do Campionato de España. O de Vincios controlou en todo momento a situación de carreira, rodando a moi alto ritmo e mantendo unha confortable vantaxe sobre o trío formado por Miguel Fuster, Pedro Burgo, e Jonathan Pérez, que tiveron que conformarse con loitar pola terceira praza.

Gran resultado de Jesús Ferreiro no Rally de Portugal


Brillante resultado o conseguido por Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo no Rally de Portugal, compartindo tramos e escenario coa proba do Mundial de rallys disputada de modo paralelo á categoría Revival na que participaba o equipo galego, que unha vez máis deu mostras do seu bo facer logrando a segunda posición, tras todo un catro veces campión do mundo como é Juha Kankkunen, tamén pilotando un Ford como o piloto de Melide.



Ferreiro acudía a esta cita, convocada por primeira vez, cunha grande ilusión pois supoñía unha oportunidade única de aproximarse aos equipos do Mundial, xa que mesmo a súa participación se iniciaba na xornada do xoves no mesmo Estadio do Algarve, onde tanto os históricos coma os inscritos no Mundial disputaban un tramo espectáculo.

Durante a xornada do sábado realizábanse tres especiais sobre terra, as cales se encontraban bastante rotas debido ao paso con anterioridade dos coches WRC do Mundial, que coa súa tracción total degradaba demasiado as pistas. Ferreiro lograba cronos brillantes e situábase terceiro, segundo e quinto nos tres tramos realizados, rematando esta primeira etapa na terceira posición da clasificación xeral.

O domingo disputábanse dous tramos máis sobre as pistas situadas ao norte de Faro, pechando a proba co Estadio do Algarve. Ferreiro era segundo no primeiro, pero gañaba os dous últimos, saíndo mesmo emparellado con Juha Kankkunen no tramo espectáculo do Estadio, ao que superaba por algo máis de dous segundos.

O balance final botaba unha excelente e espectacular segunda posición, sendo superado unicamente por un Juha Kankkunen que se mostrou moi superior, tanto en pilotaxe coma nos medios despregados. Non é que o Ford Escort MKI de Jesús Ferreiro se comportase mal, senón que o deficiente estado das especiais cronometradas incitaba a non atacar en exceso para evitar que algo puidese romper, ademais de intentar conservar do mellor xeito posible os pneumáticos. Non cabe de dúbida de que Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo demostraron unha vez máis o que poden dar de si ante unha competencia de moito nivel, algún tan recoñecido como o local Joaquim Santos, quen non puido rematar a proba.Clasificación final Rallye de Portugal Revival

1º Juha Kankkunen-Nicky Grist (Ford Escort RS 1800 MKII), 1 h 37:01.9

2º Jesús Ferreiro-Roberto Lorenzo (Ford Escort RS 1800 MKI), a 3:27.0

3º Geoffrey Bell-Stefan Parmander (Ford Escort RS 1800 MKII), a 4:23.5

viernes, 28 de mayo de 2010

Jonathan Pérez no Rías Baixas 2010


O equipo asturiano desprazouse ata a localidade galega de Vigo para disputar a proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto. Nela lucirán o número número oito sobre as portas do seu Peugeot 207 S2000.

O rallye consta de 10 tramos cronometrados, 5 distintos repitiendose todos dous veces. Os pilotos disputarán 164'140 kms cronometrados dun total de 578'430 kms.

O venres 28, Jonathan e Enrique tomarán parte no Shakedown ou proba técnica do vehículo de competición, sobre unha especial de similares características que os tramos que disputarán o sábado.

O podio final do rally estará instalado na Porta do Sol de Vigo, finalizando a proba sobre as 22:00h.



ITINERARIO:

TC01 AS NEVES (14,350Kms) 08:15
TC02 COVELO (23,620Kms) 08:54
TC03 ÁS NEVES (14,350Kms) 11:13
TC04 COVEO (23,620Kms) 11:52
TC05 FORNELOS (11,370Kms) 12:36
TC06 FORNELOS (11,370Kms) 15:37
TC07 PONTEAREAS (14,770Kms) 16:13
TC08 MONDARIZ (17,960Kms) 17:04
TC09 PONTEAREAS (14,770Kms) 19:20
TC10 MONDARIZ (17,960Kms) 20:11

En Vigo, unha nova cita do Campionato de España para os irmáns Burgo


O Rallye Rías Baixas Vodafone será a primeira das probas que se corra este ano en Galicia e os de Hankook e Café Candelas parten nas quinielas entre os favoritos para loitar por un posto no podio final.



Vigo, Ourense e Ferrol compoñerán a pequena xira por terras galegas do Campionato de España de Rallyes de Asfalto e na que os irmáns Burgo serán uns dos principais protagonistas. Apoiados pola afección galega nas cunetas e correndo na casa, Pedro e Marcos buscarán seguir mellorando as súas prestacións co seu novo Mitsubishi EVO X. E a primeira das probas será este mesmo fin de semana coa disputa do Rallye Rías Baixas Vodafone, na provincia de Pontevedra. Alí o equipo de Hankook e Café Candelas optará a lograr a vitoria na Copa de España de Grupo N e perfílase tamén como un dos equipos a ter en conta para subir ao podio final da carreira.
En total, máis de 164 quilómetros loitando contra o cronómetro supoñerán unha dura proba para todos os equipos que tomen a saída nesta edición do Rías Baixas, que se distribuirán en cinco tramos a disputar a dobre pasada, dous deles pola mañá, un matutino e vespertino e os outros dous pola tarde. O máis longo de todos eles será o de Covelo, cunha distancia de máis de 23 quilómetros mentres que o de Fornelos, cun pouco máis de 11 quilómetros será o máis breve.

viernes, 21 de mayo de 2010

Pablo Rey e Miguel Uzal comezan a súa participación

Esta semana iníciase a terceira tempada da Copa Suzuki Swift na que por segundo ano consecutivo participarán Pablo Rey e Miguel Uzal, subcampions en 2009.

A copa monomarca por excelencia do Campionato de España de rallyes sobre asfalto contará con sete probas entre as que destacan as tres galegas (Rías Baixas, Ourense e Ferrol), que se disputarán de forma consecutiva tras a Cantabria Infinita, que será o rallye no que dará comezo o certame o próximo venres.O Rallye Cantabria-Infinita varía o seu desenvolvemento das últimas edicións para realizar dous tramos na noite do venres, ao que sumarán outros seis durante a mañá do sábado, para finalizar no ámbito do Estadio do Sardiñeiro de Santander ás 14:24 horas.