viernes, 28 de mayo de 2010

En Vigo, unha nova cita do Campionato de España para os irmáns Burgo


O Rallye Rías Baixas Vodafone será a primeira das probas que se corra este ano en Galicia e os de Hankook e Café Candelas parten nas quinielas entre os favoritos para loitar por un posto no podio final.



Vigo, Ourense e Ferrol compoñerán a pequena xira por terras galegas do Campionato de España de Rallyes de Asfalto e na que os irmáns Burgo serán uns dos principais protagonistas. Apoiados pola afección galega nas cunetas e correndo na casa, Pedro e Marcos buscarán seguir mellorando as súas prestacións co seu novo Mitsubishi EVO X. E a primeira das probas será este mesmo fin de semana coa disputa do Rallye Rías Baixas Vodafone, na provincia de Pontevedra. Alí o equipo de Hankook e Café Candelas optará a lograr a vitoria na Copa de España de Grupo N e perfílase tamén como un dos equipos a ter en conta para subir ao podio final da carreira.
En total, máis de 164 quilómetros loitando contra o cronómetro supoñerán unha dura proba para todos os equipos que tomen a saída nesta edición do Rías Baixas, que se distribuirán en cinco tramos a disputar a dobre pasada, dous deles pola mañá, un matutino e vespertino e os outros dous pola tarde. O máis longo de todos eles será o de Covelo, cunha distancia de máis de 23 quilómetros mentres que o de Fornelos, cun pouco máis de 11 quilómetros será o máis breve.

No hay comentarios:

Publicar un comentario