viernes, 21 de mayo de 2010

Bo resultado de Pedro Burgo en Cantabria


Rally moi complicado e duro o que este fin de semana tiveron que afrontar os irmáns Burgo en terras cántabras, no que a pesar de todo só un problema mecánico co seu Mitsubishi EVO X na última sección da proba lles impediu loitar por meterse no podio final da proba. Aínda así, os lucenses rematarían finalmente na cuarta praza da clasificación xeral sendo ademais terceiros na Copa de España de Grupo N.

Un resultado moi a ter en conta e que, tras os dous tramos do venres, nos que a forte chuvia puxo a dura proba a todos os equipos, Pedro e Marcos Burgo afrontaban a xornada do sábado dende a cuarta praza da xeral, e dende primeira hora lograban situarse terceiros, mantendo un interesante duelo pola última praza do podio ata ponte traseira do seu coche comezou a darlle problemas facendo que tivese que conformarse finalmente coa cuarta posición.Tras a proba de Cantabria, a seguinte parada do Campionato de España será coa disputa do Rally Rías Baixas, que se disputará en Vigo os días 29 e 30 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario