viernes, 4 de junio de 2010

Rally complicado para os Burgo


A pesar dos problemas durante toda a carreira, os Burgo lograron finalizar cuartos na clasificación xeral e ser segundos na Copa de España de Grupo N.

Non foi unha proba sinxela á que se enfrontaron este sábado os irmáns Burgo no Rally Rías Baixas Vodafone. Os constantes cambios de climatoloxía fixeron moi complicada a elección dos compostos cos que saír a competir. Unha mala selección por parte de Pedro e Marcos fixo que en toda a carreira non acabasen de encontrarse cómodos no seu Mitsubishi EVO X e lles impedise loitar polo segundo posto na clasificación xeral. A pesar de todo, os de Lugo lograron rematar nun meritorio cuarto posto da xeral e ser segundos na Copa de España de Grupo N.

Non acertamos á hora de escoller os pneumáticos e isto supuxo un importante hándicap para nós. Iso fixo que non estivésemos cómodos en ningún momento e sobre todo que non arriscásemos ao máximo por medo a unha saída de estrada que podería custarnos moi caro. Ímonos con certo sentimento agridoce porque tivemos a oportunidade de quedar no podio e mesmo de loitar polo segundo posto. Agora en Ourense esperamos ter ese plus de fortuna que nos faltou ata agora e lograr un mellor resultado. Así se expresaba ao final da proba Pedro Burgo.

Tras a proba disputada en Vigo, o Campionato de España seguirá co seu periplo por terras galegas. A seguinte parada será en Ourense, os días 19 e 20 de xuño. E alí estarán os irmáns Burgo e o seu Mitsubishi EVO X dispostos a dar moito de que falar.

Sensacional segunda posición de Alberto Meira e Álvaro Bañobre no Rías Baixas


Un soño feito realidade

Cando hai uns cantos anos Alberto Meira colaboraba na montaxe do Rías Baixas, entre os seus sonos de afeccionado aos rallys estaba o de poder competir algún día na proba 'de casa'. Pero probablemente nin sequera no máis optimista deses sonos figuraba a posibilidade de subir un día ao podio, competindo de ti a ti coa elite do Nacional de rallys. E xusto isto último é o que conseguían o sábado 29 de maio o piloto vigués e o seu copiloto Álvaro Bañobre, segundos clasificados na 46ª edición do Rías, tras un rally fantástico co seu Mitsubishi Evo X.

Nunha xornada que empezou coa chuvia como factor adicional, Alberto liderou mesmo o rally tras marcar o mellor crono na primeira especial, As Neves, un tramo que lle gusta especialmente e no que se impuxo aproveitando ao máximo as difíciles condicións do asfalto.

Tras este espectacular arranque, Meira situouse na segunda posición da xeral, por detrás do inalcanzable Skoda S2000 de Alberto Hevia, pero mantendo raia ao resto de punteiros da cuarta proba do Campionato de España. O de Vincios controlou en todo momento a situación de carreira, rodando a moi alto ritmo e mantendo unha confortable vantaxe sobre o trío formado por Miguel Fuster, Pedro Burgo, e Jonathan Pérez, que tiveron que conformarse con loitar pola terceira praza.

Gran resultado de Jesús Ferreiro no Rally de Portugal


Brillante resultado o conseguido por Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo no Rally de Portugal, compartindo tramos e escenario coa proba do Mundial de rallys disputada de modo paralelo á categoría Revival na que participaba o equipo galego, que unha vez máis deu mostras do seu bo facer logrando a segunda posición, tras todo un catro veces campión do mundo como é Juha Kankkunen, tamén pilotando un Ford como o piloto de Melide.



Ferreiro acudía a esta cita, convocada por primeira vez, cunha grande ilusión pois supoñía unha oportunidade única de aproximarse aos equipos do Mundial, xa que mesmo a súa participación se iniciaba na xornada do xoves no mesmo Estadio do Algarve, onde tanto os históricos coma os inscritos no Mundial disputaban un tramo espectáculo.

Durante a xornada do sábado realizábanse tres especiais sobre terra, as cales se encontraban bastante rotas debido ao paso con anterioridade dos coches WRC do Mundial, que coa súa tracción total degradaba demasiado as pistas. Ferreiro lograba cronos brillantes e situábase terceiro, segundo e quinto nos tres tramos realizados, rematando esta primeira etapa na terceira posición da clasificación xeral.

O domingo disputábanse dous tramos máis sobre as pistas situadas ao norte de Faro, pechando a proba co Estadio do Algarve. Ferreiro era segundo no primeiro, pero gañaba os dous últimos, saíndo mesmo emparellado con Juha Kankkunen no tramo espectáculo do Estadio, ao que superaba por algo máis de dous segundos.

O balance final botaba unha excelente e espectacular segunda posición, sendo superado unicamente por un Juha Kankkunen que se mostrou moi superior, tanto en pilotaxe coma nos medios despregados. Non é que o Ford Escort MKI de Jesús Ferreiro se comportase mal, senón que o deficiente estado das especiais cronometradas incitaba a non atacar en exceso para evitar que algo puidese romper, ademais de intentar conservar do mellor xeito posible os pneumáticos. Non cabe de dúbida de que Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo demostraron unha vez máis o que poden dar de si ante unha competencia de moito nivel, algún tan recoñecido como o local Joaquim Santos, quen non puido rematar a proba.Clasificación final Rallye de Portugal Revival

1º Juha Kankkunen-Nicky Grist (Ford Escort RS 1800 MKII), 1 h 37:01.9

2º Jesús Ferreiro-Roberto Lorenzo (Ford Escort RS 1800 MKI), a 3:27.0

3º Geoffrey Bell-Stefan Parmander (Ford Escort RS 1800 MKII), a 4:23.5

viernes, 28 de mayo de 2010

Jonathan Pérez no Rías Baixas 2010


O equipo asturiano desprazouse ata a localidade galega de Vigo para disputar a proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto. Nela lucirán o número número oito sobre as portas do seu Peugeot 207 S2000.

O rallye consta de 10 tramos cronometrados, 5 distintos repitiendose todos dous veces. Os pilotos disputarán 164'140 kms cronometrados dun total de 578'430 kms.

O venres 28, Jonathan e Enrique tomarán parte no Shakedown ou proba técnica do vehículo de competición, sobre unha especial de similares características que os tramos que disputarán o sábado.

O podio final do rally estará instalado na Porta do Sol de Vigo, finalizando a proba sobre as 22:00h.



ITINERARIO:

TC01 AS NEVES (14,350Kms) 08:15
TC02 COVELO (23,620Kms) 08:54
TC03 ÁS NEVES (14,350Kms) 11:13
TC04 COVEO (23,620Kms) 11:52
TC05 FORNELOS (11,370Kms) 12:36
TC06 FORNELOS (11,370Kms) 15:37
TC07 PONTEAREAS (14,770Kms) 16:13
TC08 MONDARIZ (17,960Kms) 17:04
TC09 PONTEAREAS (14,770Kms) 19:20
TC10 MONDARIZ (17,960Kms) 20:11

En Vigo, unha nova cita do Campionato de España para os irmáns Burgo


O Rallye Rías Baixas Vodafone será a primeira das probas que se corra este ano en Galicia e os de Hankook e Café Candelas parten nas quinielas entre os favoritos para loitar por un posto no podio final.



Vigo, Ourense e Ferrol compoñerán a pequena xira por terras galegas do Campionato de España de Rallyes de Asfalto e na que os irmáns Burgo serán uns dos principais protagonistas. Apoiados pola afección galega nas cunetas e correndo na casa, Pedro e Marcos buscarán seguir mellorando as súas prestacións co seu novo Mitsubishi EVO X. E a primeira das probas será este mesmo fin de semana coa disputa do Rallye Rías Baixas Vodafone, na provincia de Pontevedra. Alí o equipo de Hankook e Café Candelas optará a lograr a vitoria na Copa de España de Grupo N e perfílase tamén como un dos equipos a ter en conta para subir ao podio final da carreira.
En total, máis de 164 quilómetros loitando contra o cronómetro supoñerán unha dura proba para todos os equipos que tomen a saída nesta edición do Rías Baixas, que se distribuirán en cinco tramos a disputar a dobre pasada, dous deles pola mañá, un matutino e vespertino e os outros dous pola tarde. O máis longo de todos eles será o de Covelo, cunha distancia de máis de 23 quilómetros mentres que o de Fornelos, cun pouco máis de 11 quilómetros será o máis breve.

viernes, 21 de mayo de 2010

Pablo Rey e Miguel Uzal comezan a súa participación

Esta semana iníciase a terceira tempada da Copa Suzuki Swift na que por segundo ano consecutivo participarán Pablo Rey e Miguel Uzal, subcampions en 2009.

A copa monomarca por excelencia do Campionato de España de rallyes sobre asfalto contará con sete probas entre as que destacan as tres galegas (Rías Baixas, Ourense e Ferrol), que se disputarán de forma consecutiva tras a Cantabria Infinita, que será o rallye no que dará comezo o certame o próximo venres.O Rallye Cantabria-Infinita varía o seu desenvolvemento das últimas edicións para realizar dous tramos na noite do venres, ao que sumarán outros seis durante a mañá do sábado, para finalizar no ámbito do Estadio do Sardiñeiro de Santander ás 14:24 horas.

Sergio Vallejo (Ford Fiesta S2000), terceiro tras un complicado inicio de rally


Finalizada a primeira etapa do Rally Cantabria Infinita, disputada na súa totalidade -2 longos e selectivos tramos de case 32 e 28 km- baixo unha intensa chuvia, a proba está liderada polo cántabro Enrique Ojeda, seguido polo asturiano Berti Hevia e por Sergio Vallejo, integrante do Nupel Rally Team que compite aos mandos dun Ford Fiesta S2000.

Todo apunta a que a climatoloxía non experimentará variacións durante a xornada do sábado, na que se percorrerán outras seis especiais cronometradas, tras as que se coñecerá quen será os pilotos que ocuparán definitivamente as posicións de privilexio nunha das edicións máis complicadas dos últimos anos. A segunda xornada dará inicio ás 7.30 con saída en Torrelavega para finalizar ás 14.24 en Santander.

Clasificación provisional do Rally Cantabria tralo primeiro día
1.Enrique García Ojeda/Jordi Barrabés (Subaru Impreza WRX) - 41.41.1
2. Alberto Hevia/Alberto Iglesias (Skoda Fabia S2000) - a 25.6
3. Sergio Vallejo/Diego Vallejo (Ford Fiesta S2000) - a 1.24.6
4. Pedro Burgo/Marcos Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X) - a 1.34.2
5. Víctor Senra/David Vázquez (Mitsubishi Lancer Evo X)- a 1.42.2

Bo resultado de Pedro Burgo en Cantabria


Rally moi complicado e duro o que este fin de semana tiveron que afrontar os irmáns Burgo en terras cántabras, no que a pesar de todo só un problema mecánico co seu Mitsubishi EVO X na última sección da proba lles impediu loitar por meterse no podio final da proba. Aínda así, os lucenses rematarían finalmente na cuarta praza da clasificación xeral sendo ademais terceiros na Copa de España de Grupo N.

Un resultado moi a ter en conta e que, tras os dous tramos do venres, nos que a forte chuvia puxo a dura proba a todos os equipos, Pedro e Marcos Burgo afrontaban a xornada do sábado dende a cuarta praza da xeral, e dende primeira hora lograban situarse terceiros, mantendo un interesante duelo pola última praza do podio ata ponte traseira do seu coche comezou a darlle problemas facendo que tivese que conformarse finalmente coa cuarta posición.Tras a proba de Cantabria, a seguinte parada do Campionato de España será coa disputa do Rally Rías Baixas, que se disputará en Vigo os días 29 e 30 de maio.

Manuel Senra


carismáticos de Galiza. Cos seus 5 títulos de campión galego as súas costas, o bravo piloto de Dumbría creou un oco dentro da historia recente do automobilismo galego.
Iniciouse no mundo da competición de mans da Escudería Compostela no ano 1984 cun Renault 5 GT Turbo, co que comezou a dar as primeiras pinceladas do que ía ser, a posteriori, un dos maiores ídolos de toda a afición galega.
Natual de Olveira (Dumbría), onde rexenta un Servizo Oficial Peugeot, colleu unha grande afinidade pola marca do león, competindo nos anos posteriores cun 205 e un 309, facendo as delicias do respetable, para con posterioridade facerse cun 306 Maxi, vehículo que lle proporcionou ou seus maiores logros deportivos.
Actualmente corre co seu 306 Maxi para subidas de montaña e uns poucos rallyes.

miércoles, 19 de mayo de 2010

O chino sen sorte en Portugal


O Rallye Torrié foi o pistoletazo de saída da Tempada 2010 para o equipo Cantera Competición. A primeira proba do Campionato Portugués de Rallyes serviu test de cara a futuras probas. A carreira en si tivo un resultado satisfactorio malia o abandono por rotura do alternador.

Este era un rally cargado de novidades para José Carlos Figueiras: estreaba un novo preparador no seu xa coñecido Renault Clio, Pampillón Racing, novo copiloto, Marcos Fernández, e partíase cunhas ilusións completamente renovadas de cara ao seu programa deportivo nesta Tempada 2010.

Comezaba o rallye no tramo de probas, Shakedown, realizándose soamente unha pasada e, tras detectar un pequeno problema na admisión do coche, decidiuse parar e ir á asistencia para non provocar posibles danos no Renault Clio. Tras un bo traballo por parte dos mecánicos encontrábase listo para rodar polo asfalto portugués.A próxima cita para o equipo Cantera Competición será o Racingshow Caixanova, onde se intentará facer gozar o público e pasar unha boa xornada.

viernes, 14 de mayo de 2010

XXXII Rally Cantabria Infinita


Este fin de semana celebrarase en Cantabria una mitica prova de Rallys no calendario nacional.Una dura prova para os coches xa que a gran maioria dos tramos celebranse en tramos de montaña que afetara moito as mecanicas dos coches.Cunha moi boa escricion dos nosos pilotos galegos.Os irmans Vallejo,os irmans Burgos e a manuel Senra estaran na prova dando todo en todos os tramos como e abitual en eles.Os irmans Vallejo estaran en todo momento peleando polos puntos paro o campeonato de españa.Moita sorte para os nosos e que non sea un rally moi acidentado.

miércoles, 12 de mayo de 2010

O Team Mayador


O Campionato de España de Montaña 2010 comezaba o 1 e 2 de Maio para o Team Mayador, con motivo da celebración da 31º Subida a Falperra que achegaba á localidade portuguesa de Braga o Campionato de Europa de Montaña e os certames portugués e español da modalidade.



A cita lusa coa montaña de máximo nivel foi o comezo da suma de puntos dentro da Clase 15, categoría á que opta o Team Mayador, con José María Magdaleno aos mandos do Renault Sport Mègane Trophy.

Na xornada do sábado a chuvia fixo acto de presenza, algo que prexudicou as prestacións dun Renault Sport Mègane Trophy adaptado para as competicións de circuíto e que non se encontraba nada cómodo no trazado montañeiro portugués. Pero non foi motivo para que José María Magdaleno lograse a terceira praza da Clase 15, a segunda do Grupo A2-SP e a vixésimo primeira da xeral final da proba, marcando un crono de 02:45´656.

Pero José María Magdaleno sabía que o domingo podería mellorar o seu tempo, sobre todo ao ver que a chuvia xa non caía sobre o trazado e desta forma mellorar a súa posición na xeral final. E así se lograba, marcando o Team Mayador un excelente crono de 02:38:192 que o situaba como décimo sétimo na táboa xeral, repetindo as posicións do sábado no seu grupo e clase, polo que o equipo comezaba a sumar os seus primeiros puntos da tempada.

viernes, 23 de abril de 2010

Victor Magariños un grande dos grandes




Víctor Magariños, o piloto de Pintos (lugar da parroquia de Marcón, Pontevedra) naceu no novembro de 1972. O interés polo mundo do motor venlle xa dende neno, motivado moi especialmente polos ralis que pasaban por diante da súa casa. Nesta época chegou incluso a montar un pequeno coche tipo kart có cal divirtíase nas pistas de terra.



Anos despóis fíxose cun Seat 1430 de serie e, para melloralo, adquiriu outro da mesma marca que correra en terra. Entre os dous montou o xa famoso "Taxi" e debutou no Rali do Albariño de 1995, con 22 anos, na categoría de coches Históricos. Despóis de algúns anos nesta categoría, onde acadou brilantes resultados, o ano 1999 decidiu dar o salto. A bordo do seu novo coche, un BMW M3, está preparado para competir. Ó mesmo tempo, disfrutará da súa paixón: o automovilismo.





Na temporada 1999 o equipo cambiou de vehículo e có BMW M3 xa é unha das referencias no Galego de Rallyes.





  • martes, 20 de abril de 2010

    Jesus Ferreiro sae gañando de Asturias




    Continuando co seu periplo asturiano iniciado recentemente, Jesús Ferreiro e Javier Anido acudiron o pasado fin de semana á localidade de Tineo para participar na primeira cita do rexional de rallyes do Principado de Asturias, que ademais contou cun espectacular participación, tanto en calidade coma en cantidade.

    Debido a iso non ía ser doado obter unha boa clasificación, aínda que unha vez máis Ferreiro deu mostras do seu bo facer, rematando oitavo da xeral e dominando claramente a categoría de Históricos.
    O Rallye de Tineo disputouse este ano en dúas etapas, unha o sábado pola tarde e outra o domingo pola mañá, con catro tramos en cada unha delas. A pesar dalgún toque no primeiro tramo, Jesús Ferreiro e Javier Anido levaron o seu Ford Escort RS MKI coa habitual eficacia e espectacularidade á que teñen afeitos aos numerosos afeccionados que seguiron a proba, redondeando todo iso cunha fantástica actuación.
    Por outra parte hai que recordar que Jesús Ferreiro estará tamén o 1 de maio no Racingshow Caixanova, unha proba espectáculo que se disputa no Recinto Feiral de Vigo, dentro do marco do Salón do Automóbil da cidade olívica. A iso haberá que engadir que os membros do seu equipo, Melide Motorsport, tamén acudirán ao evento para promover a segunda edición do Rallye de Galicia Histórico-Camiño de Santiago, que se celebrará o próximo mes de setembro.

    miércoles, 14 de abril de 2010

    Xevi Pons confirma a sua candidatura o titulo


    Xevi Pons y Álex Haro han finalizado a sua participacion no rally de Xordania,sairon cunha nova victoria do rally puntuable po mundial de rallys.E a segunda victoria conseguida no ano despois da conseguida no rally de Mexico.Un triunfo que a estado vasado na fiabilidade do seu Ford Fista S2000 e a estratesia de equipo xa que o rally era moi duro para as mecanicas dos S2000.Non hiba ser facil afrontar o ultimo dia de carreira ,xa que os 9 minutos que lle sacaba o segundo clasificado podian crear unaha relaxacion no piloto que provocaria a perdida da sua ventaxa, nada do normal xa que o piloto supo completar os ultimos oito tramos a un gran nivel.Isto permitelle colocarse primeiro na clasificacion xeral e tamen colocar o NUPEL GLOBAL RACING como primeiro clasificado na WRC cup,unha copa destinada os equipos que compiten con vehiculos S2000

    Clasificacións finais do Rally de Xordania na categoría S-WRC
    1-Xevi Pons/Álex Haro (Ford Fiesta S2000), 4h 10’09’’8
    2-Eyvind Brynildsen/Cato Menkerud (Skoda Fabia S2000), a 11’52’’0
    3-Per-Gunnar Andersson/Jonas Andersson (Skoda Fabia S2000), a 18’57’’4
    4-Nasser Al-Attiyah/Giovanni Bernarcchini (Skoda Fabia S2000), a 21’16’’2
    5-Patrik Sandell/Emil Axelsson (Skoda Fabia S2000), a 41’40’’2

    Clasificacións finais do Rally Xordania na categoría S-WRC
    1-Xevi Pons/Álex Haro (Ford Fiesta S2000), 4h 10’09’’8
    2-Eyvind Brynildsen/Cato Menkerud (Skoda Fabia S2000), a 11’52’’0
    3-Per-Gunnar Andersson/Jonas Andersson (Skoda Fabia S2000), a 18’57’’4
    4-Nasser Al-Attiyah/Giovanni Bernarcchini (Skoda Fabia S2000), a 21’16’’2
    5-Patrik Sandell/Emil Axelsson (Skoda Fabia S2000), a 41’40’’2

    Clasificacións provisionais do Campeonato do Mundo S-WRC tras Xordania
    1-Xevi Pons (E/Ford), 50 puntos
    2-Eyvind Brynildsen (N/Skoda), 40 puntos
    3-Per-Gunnar Andersson (S/Skoda), 40 puntos
    4-Martin Prokop (Ch/Ford), 33 puntos
    5-Patrik Sandell (S/Skoda), 22 puntos

    viernes, 9 de abril de 2010

    Rally de Villajollosa


    Os hirmans Burgos Pedro e Marcos comezan a tempada de rallys cunha vitoria no rally de villajollosa.Este ano Pedro e Marcos iniciaronse de cheo no campeonato nacional de rallys de asfalto.Os irmans Burgos conseguiron un primeiro posto no grupo nº co seu novo mitsubihsi evo X.Histo conseguiu que os irmans salan deste rally cun cuarto posto na clasificacion xeral,os dous pilotos de Lugo foron de menos a mais e nos ultimos tramos forzaron a mecanica do coche para poder conseguir a victoria,tuveron vastantes problemas ca caixa de cambios pero nada serio xa que no paro da maña conseguiron amañar a caixa para o seu perfecto funcionamento.

    miércoles, 7 de abril de 2010

    bou facer una guia sobre o motor